martes, 4 de septiembre de 2007

puedo seguir escapando
y aún lo estoy pensando
lo estoy pensando pero
estoy cansado de pensar

jueves, 2 de agosto de 2007

Como ía imaxinar Janis Joplin que acompañaría a alguén nas Cruces Federal District a recoller a herba recén cortada do xardín? Nin sequera ao pobre de Quique se lle pasaría iso pola cabeza. Creo que debería comentarllo a próxima vez que teña o gustazo de compartir aire con el. Seguro que Toni Jurado se partiría a caixa (sobretodo se está tan cocido como adoita) e nos volvería propoñer un trío na habitación douscentosnonseique do Hotel Coia. En un pueblo con mar, una noche, después de un concierto.

Non sei nin de qué estou falando nin por qué. Do mesmo xeito que ignoro a razón de que onte non conseguise quitarme da cabeza aquela canción que dicía iso de pode ser da NASA ou doutra galaxia, pode ser cousa das gafas que eu non mire ben. God save Xabarín! Será que me canso tanto de min mesma que necesito soltar barbaridades al-por-mayor. Ou non. Seguramente o que necesito soltar son moitas outras cousas. Ou non. Pero isto é o único que podo ofrecer... Oito km matutinos para poñer en harmonía corpo e mente (mens sana in corpore sano, meu!) só serven para poñer en dubidosa harmonía un pouco o primeiro; o asunto de-mente está máis complicado. E é que ás veces, aquí, todo pesa demasiado sen pesar nada en absoluto.


Pasou o Apóstolo e chegaron os de Bilbo: ya es verano en la aldea, beibes.

martes, 5 de junio de 2007

Y las noches de paz,

apaga y vete,

y el billete de ida a otro planeta.

miércoles, 30 de mayo de 2007

Memories of you.

Hoxe vin un R4 que subía agonizante cara a faculdade.
Pensei que poderías ser ti, que me viñas buscar por sorpresa.
Logo aterrei na realidade, lembrei que non sabes o camiño, que sería toda unha fazaña que o R4 chegase ata Vigo (xa non digamos que conseguise escalar ao CUVI), e que estás tan lonxe do teu R4 coma de min.

(Epúxenmeunpoucotriste.)



Nunca acaba un de acostumarse a todo isto.
Pero iso é bo: saber que me faltas,
NOTAR que me faltas.

martes, 29 de mayo de 2007

Novocaine for the soul


(before I sputter out)